Noticias

09 xullo 2024

As veciñas e veciños de Brión, Cabana de Bergantiños, Mazaricos, Miño e Sada, xa poden xa obter nos seus concellos a identificación Cl@ve para acceder aos servizos e trámites a través da Administración Electrónica.

03 xullo 2024

Manuel Castro Probaos, traballador do Concello de Sada, fálanos da implantación e a experiencia de usuario do Portal de Cargos Electos habilitado na sede electrónica do concello.

02 xullo 2024

Os concellos de Fisterra, Negreira, Ordes e Tordoia atópanse xa mergullados na dixitalización dos seus servizos administrativos.

26 xuño 2024

A entidade eumesa mellora os tempos de primeira resposta e resolución e gaña en eficiencia administrativa.

26 xuño 2024

A boa disposición e implicación de todo o persoal do concello permitiu a consecución de todos os obxectivos previstos nas actuacións propostas.

26 xuño 2024

As veciñas e veciños de Muros dispoñen xa de Oficina Cl@ve onde obter os seus certificados dixitais sen desprazarse fóra do concello.

13 xuño 2024

Os concellos coruñeses sitúanse na vangarda da transparencia administrativa, ao mesmo nivel que as grandes administracións públicas. As veciñas e veciños poden consultar os estado dos seus expedientes de Entidades Locais desde o teléfono móbil.

31 maio 2024

A sesión xirou arredor das funcionalidades básicas e específicas da plataforma de tramitación electrónica TEDeC.

24 maio 2024

Conversamos con Eva Tajes, E-Responsable do Concello de Muros, en pleno proceso de transformación digital da súa entidade.

19 abril 2024

As conclusións do informe revelan que os controis revisados presentan unha efectividade suficiente ao situarse os seus índices de madurez por riba dos obxectivos de referencia e niveles de esixencia definidos polo ENS. A entidade provincial controla e mide o cumprimento cos procedementos e adopta medidas correctoras cando se require.

15 abril 2024

A Deputación da Coruña presentou nas sedes municipais as liñas mestras para a transformación dixital nos concellos de Cerdido, Muros e Pontedeume.

25 marzo 2024

Falamos con Laura Horta. Concelleira de Dixitalización e Modernización da Administración Local, Novas tecnoloxías, Formación, Política Lingüística e Participación Cidadá, do Concello de Padrón. A visión dunha informática, muller e concelleira, do proceso de dixitalización no Concello de Padrón.

22 marzo 2024

A dixitalización da entidade padronesa está encadrada no proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña.

22 marzo 2024

A implicación continua e o esforzo de todo o cadro de persoal municipal resultou ser un factor decisivo no éxito do proceso de transformación dixital en Rianxo.

19 marzo 2024

A entidade consolida a súa dixitalización coa execución do 100% das actuacións previstas, cifras que reflicten o alto grao de compromiso e implicación de todo o persoal municipal.

31 xaneiro 2024

O municipio coruñés acometerá nos próximos tres meses profundos cambios na súa organización co obxectivo de mellorar a súa eficiencia interna e a atención á cidadanía.

31 xaneiro 2024

A execución de Concello Dixital en Padrón impulsará a constitución da Oficina de Rexistro Cl@ve municipal, onde a cidadanía poderá obter as súas credenciais dixitais.

31 xaneiro 2024

O pulo á dixitalización na entidade rianxeira traerá a constitución e apertura da Oficina de Rexistro Cl@ve municipal, onde a veciñanza poderá obter as súas credenciais dixitais sen necesidade de desprazarse fóra do seu concello.

30 xaneiro 2024

A representación da entidade local que asistiu ao peche do proxecto manifestou a súa satisfacción co resultado dos traballos, e agradeceu a implicación de todo o cadro de persoal municipal, habida conta do esforzo que supuxo a adaptación ao novo modelo.

30 xaneiro 2024

A folla de ruta trazada pola Deputación da Coruña para a vertebración dixital da provincia, segue avanzando nos seus obxectivos.