Noticias

Carral pecha con éxito a súa transición dixital cara á modernización administrativa, ao abeiro do Concello Dixital da Deputación da Coruña

30/01/2024

A folla de ruta trazada pola Deputación da Coruña para a vertebración dixital da provincia, segue avanzando nos seus obxectivos.

O proxecto de transformación dixital impulsado pola Deputación da Coruña para as entidades locais, Concello Dixital, segue cumprindo os obxectivos trazados na súa axenda. Así, o Concello de Carral presentaba estes días os resultados do seu proceso de transformación dixital, que arroxaron un alto grao de cumprimento na execución de todas as propostas.

Concello Dixital constitúe a aposta da Deputación coruñesa para acompañar as entidades locais no proceso de transformación cara a plena dixitalización. Os excelentes resultados obtidos en Carral poñen de manifesto o éxito do proxecto e a necesidade de seguir avanzando co resto das entidades locais na implantación plena da Administración Electrónica e no novo modelo de relación coa cidadanía. Así, folla de ruta trazada pola Deputación da Coruña para a vertebración dixital da provincia,  segue avanzando nos seus obxectivos.