Visión da administración electrónica

Administración dixital

Os concellos e entidades locais constitúen o primeiro elo na cadea de relación e participación da cidadanía coa administración pública e os asuntos de interese xeral. 

Os fundamentos da boa gobernanza local obrigan á adopción dun modelo de relación máis eficiente e transparente coa cidadanía. Demándanse servizos personalizados e fáciles de usar, nun marco de seguridade xurídica e de acceso universal á información. Este escenario sitúa ás nosas Administracións Públicas nun dos eixos da Transformación Dixital da sociedade. 

Modelo dixital

O obxectivo da nosa estratexia é alcanzar un modelo de Concello Dixital (innovador, vangardista, sostible e eficiente) en todas as entidades locais da provincia, non só desde a perspectiva da evolución tecnolóxica, senón tamén desde a evolución organizativa das propias entidades locais e da implicación activa das súas empregadas e empregados públicos. Este obxectivo ten como eixo central á cidadanía. 

Pero a mera existencia de servizos electrónicos non produce eficiencia nin redución de cargas administrativas, senón que require dunha modernización de procesos e adaptación das canles para lograr un uso masivo eficaz e seguro pola cidadanía e as empresas. Por iso, hai marxe para mellorar e atender as súas demandas, e cumprir o compromiso de excelencia por parte das Administracións Públicas.

A transformación dixital do sector público suporá a consolidación duns servizos adaptados ás necesidades específicas da cidadanía e do territorio. A Deputación da Coruña acompaña ás súas entidades locais no proceso de adopción deste novo modelo de xestión e de relación administrativa que facilita e universaliza a prestación dos servizos públicos.