Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

A Deputación da Coruña  comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web: concellodixital.dacoruna.gal/

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.

Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
 
  • Falta de conformidade co RD 1112/2018:
Algúns contidos non están marcados semanticamente, non teñen unha alternativa textual correcta, ou non identifican correctamente o seu cambio de idioma o que pode provocar problemas de procesado e identificación do seu propósito afectando aos requisitos número 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1 Información e relacións, 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (en contexto) e 9.3.1.2 Idioma das partes de UNE-EN 301 549:2019.

Nalgunhas páxinas a combinación de cores usada para transmitir información pode dificultar a súa lectura ou comprender a súa funcionalidade baixo determinadas condicións lumínicas afectando aos requisitos número 9.1.4.1 Uso da cor e 9.1.4.3 Contraste (mínimo) de UNE-EN 301 549:2019.

Nalgúns elementos pérdese o identificador do foco e/ou requiren da utilización do rato para activar a súa funcionalidade afectando aos requisitos número 9.2.1.1 Teclado e 9.2.4.7 Foco visible de UNE-EN 301 549:2019.
  • Carga desproporcionada: non aplica.
  • O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.