Noticias

Cerceda pecha o seu proceso de transformación dixital e impulsa á súa modernización administrativa


30/01/2024

A representación da entidade local que asistiu ao peche do proxecto manifestou a súa satisfacción co resultado dos traballos, e agradeceu a implicación de todo o cadro de persoal municipal, habida conta do esforzo que supuxo a adaptación ao novo modelo.

O Concello da Cerceda ven de rematar estes días o proceso de transformación dixital e modernización administrativa iniciado hai tres meses ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña.

O remate das actuacións planificadas materializábase coa presentación do informe final de execución. A folla de ruta de Cerceda trazaba ao inicio do proceso un total de 43 accións previstas, en eidos clave do plan como son: Persoas e Infraestrutura Tecnolóxica; Cultura e Organización, Procesos Áxiles e Dixitalizados, e Atención a Cidadanía. O proceso transformador pecha con case a totalidade das accións executadas. Pola súa banda, a representación da entidade local que asistiu ao peche do proxecto manifestou a súa satisfacción co resultado dos traballos, e agradeceu a implicación de todo o cadro de persoal municipal, habida conta do esforzo que supuxo a adaptación ao novo modelo.

Durante o proceso de transformación impartíronse un total de 7 sesións de formación para as empregadas e empregados públicos do concello. Pola súa banda, o Equipo de Soporte de Concello Dixital reforzou o seguimento dos traballos co obxectivo de resolver todas ás dubidas xurdidas ao fío dos novos cambios.

Noutro senso, e a prol da difusión da administración electrónica á cidadanía e das vantaxes que este novo modelo de relación supón para os concellos, Concello Dixital desprazou á sede municipal de Cerceda ao seu Equipo de  Comunicación para realizar a gravación dunha nova entrega de “Conversas Concello Dixital”. Nesta ocasión entrevistou á É-Responsable e interlocutora desde o concello, Julia Loureiro. O programa pódese ver na canle de Youtube de Concello Dixital en Conversas Concello Dixital: Julia Loureiro. E-Responsable do Concello de Cerceda.