Noticias

19 abril 2024

As conclusións do informe revelan que os controis revisados presentan unha efectividade suficiente ao situarse os seus índices de madurez por riba dos obxectivos de referencia e niveles de esixencia definidos polo ENS. A entidade provincial controla e mide o cumprimento cos procedementos e adopta medidas correctoras cando se require.

15 abril 2024

A Deputación da Coruña presentou nas sedes municipais as liñas mestras para a transformación dixital nos concellos de Cerdido, Muros e Pontedeume.

25 marzo 2024

Falamos con Laura Horta. Concelleira de Dixitalización e Modernización da Administración Local, Novas tecnoloxías, Formación, Política Lingüística e Participación Cidadá, do Concello de Padrón. A visión dunha informática, muller e concelleira, do proceso de dixitalización no Concello de Padrón.

22 marzo 2024

A dixitalización da entidade padronesa está encadrada no proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña.

22 marzo 2024

A implicación continua e o esforzo de todo o cadro de persoal municipal resultou ser un factor decisivo no éxito do proceso de transformación dixital en Rianxo.

19 marzo 2024

A entidade consolida a súa dixitalización coa execución do 100% das actuacións previstas, cifras que reflicten o alto grao de compromiso e implicación de todo o persoal municipal.

31 xaneiro 2024

O municipio coruñés acometerá nos próximos tres meses profundos cambios na súa organización co obxectivo de mellorar a súa eficiencia interna e a atención á cidadanía.

31 xaneiro 2024

A execución de Concello Dixital en Padrón impulsará a constitución da Oficina de Rexistro Cl@ve municipal, onde a cidadanía poderá obter as súas credenciais dixitais.

31 xaneiro 2024

O pulo á dixitalización na entidade rianxeira traerá a constitución e apertura da Oficina de Rexistro Cl@ve municipal, onde a veciñanza poderá obter as súas credenciais dixitais sen necesidade de desprazarse fóra do seu concello.

30 xaneiro 2024

A representación da entidade local que asistiu ao peche do proxecto manifestou a súa satisfacción co resultado dos traballos, e agradeceu a implicación de todo o cadro de persoal municipal, habida conta do esforzo que supuxo a adaptación ao novo modelo.

30 xaneiro 2024

A folla de ruta trazada pola Deputación da Coruña para a vertebración dixital da provincia, segue avanzando nos seus obxectivos.

26 xaneiro 2024

As veciñas e veciños da Laracha teñen xa ao seu dispor a Oficina de Rexistro Cl@ve municipal, onde obter as credenciais dixitais para acceder aos sitios electrónicos das Administracións Públicas, como a propia Sede Electrónica Municipal do seu concello.

26 xaneiro 2024

O avance tecnolóxico desenvolveuse no marco de colaboración entre a Deputación coruñesa coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

10 xaneiro 2024

A nova integración permitirá aos Servizos Sociais municipais a incorporación áxil de documentación asinada aos expedientes de solicitude de prestacións.

09 xaneiro 2024

O proceso supuxo un novo pulo á transformación dixital nas tres entidades, coa execución de 37 actuacións en materia de soporte e formación, e coa actualización do catálogo de servizos da plataforma de tramitación TEDeC.

09 xaneiro 2024

Nesta nova entrega de "Conversas Concello Dixital" entrevistamos a Julia Loureiro, E-Responsable do Concello de Cerceda, no ecuador do seu proceso de transformación.

30 novembro 2023

A entidade bergantiñá mellora os tempos de primeira resposta e resolución a unha cidadanía que xa pode obter os seus certificados dixitais na Oficina de Rexistro Cl@ve municipal.

30 novembro 2023

O novo sitio nace coa vocación de se converter en espazo de consulta e divulgación da administración electrónica e a sociedade dixital no eido local.

29 novembro 2023

A boa disposición do personal implicado permitiu a consecución de todos os obxectivos previstos nas actuacións propostas.

15 novembro 2023

O plan terá unha duración de tres meses, nos que se acometerán traballos de implantación de novos procedementos electrónicos, accións de formación e optimización dos procesos existentes.