Noticias

Tres nuevos concellos de provincia avanzan ya hacia su transformación digital


05/07/2023

Los concellos de Frades, Trazo y Mañón se encuentran ya inmersos en un proceso de transformación con el objetivo de la plena digitalización de sus servicios administrativos.

O proxecto de transformación da Deputación da Coruña para as entidades locais da provincia segue a a avanzar na folla de ruta trazada cara unha plena dixitalización dos seus concellos. Así, a comezos desta semana, presentábase o proxecto nos concellos de Frades e Trazo, que se sumaban ao de Mañón, que iniciou a súa transformación a finais de xuño.

Os encontros mantidos previamente polos representantes administrativos e políticos cos técnicos da Deputación coruñesa, serviron para detectar necesidades, analizar información e elaborar o plan de traballo personalizado para cada un dos concellos.

Os traballos desenvolveranse ao longo do mes e xullo, no que se acometerán sesións conxuntas de formación online para o persoal dos concellos, así coma actuacións específicas de soporte e implantación en cada unha das entidades.

O obxectivo das actuacións é acadar a plena dixitalización dos servizos administrativos nas entidades, o que se traducirá nunha maior eficiencia administrativa nos concellos e na mellora da calidade dos servizos que prestan á cidadanía.