Línea de evolución

A Diputación da Coruña, xunto coas entidades locais da provincia, iniciamos hai algúns anos o camiño cara á dixitalización dos servizos prestados á cidadanía. Ao longo dos mesmos puxemos en marcha numerosas iniciativas de administración electrónica en cumprimento da lexislación vixente. Isto xerou un incremento continuo no número de tramitacións e procesos levados a cabo de maneira dixital nas distintas entidades locais. 

A evolución ascendente que nos acompaña vese reflectida en distintos indicadores e gráficas:

Documentos / Documentos asinados electrónicamente / Expedientes


Nos últimos cinco anos incrementáronse os documentos asinados electronicamente de 110.653 en 2016 a preto de 1.421.000 en outubro de 2021.

Así mesmo, o número de expedientes dixitais medrou no mesmo período de tempo de case 61.600 expedientes a 314.732.

Rexistro


Canto a Rexistro, obsérvase un decrecimento do rexistro presencial (a un ritmo do -6,9% anual no período 2014-2021) en favor dun crecemento, principalmente, do rexistro telemático (a un ritmo do 80,8% anual no mesmo período).

Notificacións telemáticas


As notificacións telemáticas tamén mantiveron unha tendencia de crecemento destacable, pasando de 3.741 en 2018 a 76.379 en 2021 (outubro), multiplicándose por 20, a un ritmo anual do 112%.