Comeza por aquí

Cidadanía e Administración resultan beneficiados coa implantación e o uso das tecnoloxías dixitais na súa relación.  
Así, os cidadáns dispoñen de accesibilidade aos servizos públicos as 24 horas ao día os 365 días do ano. Simplifícanse de maneira notable as tramitacións e axilízase a obtención do servizo solicitado ao ente público. Por outra banda, a administración electrónica permite eliminar a necesidade do desprazamento físico para realizar as xestións e facilita a aplicación dos principios básicos de carácter social: non exclusión, redución de fenda dixital, etc.

Concello Dixital pon ao dispor das súas entidades locais e a cidadanía este sitio web con información de interese público sobre Administración Electrónica, así como novas de actualidade relacionadas co proxecto e o seu ámbito de execución. O portal concíbese como un espazo participativo para o coñecemento e difusión dunha eAdministración con vocación de situar ás veciñas e veciños dos nosos concellos no centro da xestión municipal.

A Administración electrónica contribúe a mellorar notablemente o servizo prestado, o que redunda nunha percepción máis positiva do cidadán sobre os servizos públicos. Optimízanse os procesos internos e aumenta a eficiencia do acto administrativo. Así mesmo, a transformación dixital fomenta o uso xeneralizado das novas tecnoloxías e integra as diferentes canles de prestación do servizo.

É o conxunto de servizos de administración dixital que a Deputación da Coruña pon ao dispor dos concellos e entes locais adheridos ao proxecto.Neste marco de traballo realízase un proceso evolutivo e continuo de implantación da administración electrónica, así como a formación e acompañamento ao empregado público na súa adaptación aos novos procesos.