Publicacións

Guía sede electrónica


Este documento ten por obxecto explicar, desde o punto de vista funcional o funcionamento da sede electrónica das E.E.L.L. da Coruña e a súa integración coa plataforma de Tramitación Electrónica da Deputación da Coruña (en diante, TEDeC).

TEDeC está conformada por distintos módulos funcionais que dan cobertura ao ciclo de vida completo da xestión administrativa: rexistro telemático, rexistro presencial, tramitación de expedientes, e arquivo, así como as súas correspondentes aplicacións de administración e consulta e por iso resulta de vital importancia coñecer cales son as funcionalidades dispoñibles nas sedes electrónicas das entidades locais vinculadas ao proxecto, buscando facilitar o uso da administración electrónica por parte de cidadáns/as.