Noticias

O Concello de Pontedeume pecha o seu proceso de transformación dixital e impulsa a súa modernización administrativa


26/06/2024

A entidade eumesa mellora os tempos de primeira resposta e resolución e gaña en eficiencia administrativa.

O proxecto de transformación dixital impulsado pola Deputación da Coruña para as entidades locais, Concello Dixital, segue cumprindo os obxectivos trazados na súa axenda. Así, o Concello de Pontedeume presentaba a pasada semana os resultados do seu proceso de transformación dixital, que mostraron un alto grao de cumprimento na execución de todas as propostas

Concello Dixital constitúe a aposta da Deputación coruñesa para acompañar as entidades locais no proceso de transformación cara a plena dixitalización. Os excelentes resultados obtidos en Pontedeume poñen de manifesto o éxito do proxecto e a necesidade de seguir avanzando co resto das entidades locais na implantación plena da Administración Electrónica e no novo modelo de relación coa cidadanía.