Noticias

Nova edición do Plan de Formación Agrupado para o persoal das Entidades Locais


31/05/2024

A sesión xirou arredor das funcionalidades básicas e específicas da plataforma de tramitación electrónica TEDeC.

Empregadas e empregados públicos das entidades locais da provincia da Coruña, e de diversas áreas funcionais, acudiron onte á sesión de formación convocada no marco do Plan de Formación Agrupado da Deputación coruñesa, quen acolleu a xornada na súa sede institucional.

Desta volta, o programa da convocatoria formativa xiraba arredor das funcionalidades básicas e específicas da plataforma de tramitación electrónica TEDeC, sobre a que se asenta tecnicamente o proxecto de transformación Concello Dixital.

A sesión desenvolveuse cun alto grao de participación e debate entre os asistentes, quen salientaron a simplicidade da plataforma electrónica e a importancia de contar cunha boa organización de fluxos e procesos, na procura de acadar o máximo rendemento e ser áxiles na resposta administrativa.