Noticias

O Concello de Aranga remata o seu proceso de modernización da administración municipal


19/03/2024

A entidade consolida a súa dixitalización coa execución do 100% das actuacións previstas, cifras que reflicten o alto grao de compromiso e implicación de todo o persoal municipal.

O Concello da Aranga ven de rematar estes días o proceso de transformación dixital e modernización administrativa iniciado hai tres meses ao abeiro do proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña.

O remate das actuacións planificadas materializábase hai uns días na presentación realizada polo equipo da deputación coruñesa ás empregadas e empregados públicos que participaron desde o concello durante a execución do proxecto.

A folla de ruta de Aranga amosa 42 actuacións executadas, en eidos clave do plan como son: Persoas e Infraestrutura Tecnolóxica; Cultura e Organización, Procesos Áxiles e Dixitalizados, e Atención a Cidadanía. Todas as accions formuladas para a transformación do concello foron executadas íntegramente. Estes datos dan boa mostra do alto grao de implicación e compromiso de todo o cadro de persoal, e dos responsables políticos do concello.   

Pola súa banda, a cidadanía de Aranga xa ten ao seu dispor a Oficina de Rexistro Cl@ve municipal, onde pode obter as credenciais dixitais para acceder aos sitios electrónicos das Administracións Públicas , como a propia Sede Electrónica Municipal do seu concello.

O Concello de Aranga sitúase así na vangarda da administración electrónica na provincia. Concello Dixital constitúe a aposta da Deputación da Coruña pola dixitalización das súas entidades locais, para  mellorar o funcionamento interno e os servizos que estas prestan á cidadanía.