Noticias

O Concello de Padrón pecha con éxito o seu proceso de transformación dixital


22/03/2024

A dixitalización da entidade padronesa está encadrada no proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña.

Os dous meses de traballos conxuntos entre Concello de Padrón e a Deputación da Coruña a prol da modernización administrativa da entidade padronesa, remataban onte coa presentación dos resultados por parte dos técnicos da deputación provincial. O proceso encádrase no proxecto Concello Dixital para a transformación das entidades locais da provincia da Coruña, impulsado pola entidade supramunicipal coruñesa.

O peche formal das actuacións materializouse nunha sesión online coa asistencia do rexedor padronés, da concelleira delegada en materia de novas tecnoloxías, e da secretaria do Concello. Os principais indicadores revelan unha alta porcentaxe de execución das actuacións previstas. Neste senso, cómpre salientar as oito sesións de formación ao persoal municipal, así como as titorías e soportes personalizados en materias específicas.   

Padrón súmase deste xeito ás entidades locais da provincia orientadas á administración dixital e a mellorar os servizos que ofrecen a cidadanía.