Noticias

O Concello de Rianxo remata a súa dixitalización e dalle o pulo definitivo á súa modernización administrativa


22/03/2024

A implicación continua e o esforzo de todo o cadro de persoal municipal resultou ser un factor decisivo no éxito do proceso de transformación dixital en Rianxo.

O proxecto de transformación dixital impulsado pola Deputación da Coruña para as entidades locais da provincia, Concello Dixital, segue cumprindo os obxectivos trazados na súa axenda. Así, o Concello de Rianxo presentaba onte os resultados do seu proceso de transformación dixital, que arroxaron un alto grao de cumprimento na execución de todas as propostas.

Ao abeiro do proxecto foron activados novos procedementos de tramitación electrónica na plataforma TEDeC, e ampliouse o catálogo de servizos na Sede Electrónica municipal. O proceso no concello arousán remata con oito sesións de formación ás traballadoras e traballadores municipais e sete accións e soporte individualizado.

Pola súa banda, ás traballadoras sociais municipais dispoñen xa da integración da Ficha Social Municipal coa Historia Social Única Electrónica, da Xunta de Galicia. Esta implantación permite xa reducir tempo e carga administrativa na Área de Servizos Sociais do Concello de Rianxo.

A implicación continua e o esforzo de todo o cadro de persoal municipal resultou un factor decisivo no éxito do proceso de transformación dixital en Rianxo.