Noticias

A integración da Historia Social Única Electrónica (HSUE) da Xunta de Galicia, coa plataforma de tramitación electrónica TEDeC da Deputación da Coruña, acada o Premio Socinfo Digital á Interoperabilidade Eficiente dos Servizos Sociais


26/01/2024

O avance tecnolóxico desenvolveuse no marco de colaboración entre a Deputación coruñesa coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

A integración da Historia Social Única Electrónica coa plataforma de tramitación electrónica TEDeC, impulsada pola Deputación da Coruña para as Entidades Locais da provincia, ven de ser recoñecida co Premio Socinfo Digital á Interoperabilidade Eficiente dos Servizos Sociais.

A sede do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), en Madrid, acolleu o acto de entrega dos galardóns, que pechou o evento“Transformación Digital para la prestación y gestión de los Servicios Sociales”, organizado pola Revista Sociedad de la Información Digital, impulsora e outorgadora dos Premios Socinfo Digital.

Nesta edición, os Servizos Sociais eran o obxecto de recoñecemento dos galardóns, en forma de proxectos tecnolóxicos, de cooperación entre empresas e  Administración Pública, ou de traxectoria profesional vencellada ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

Concedíanse un total de seis premios, repartidos noutras tantas categorías:Premio Interoperabilidad Eficiente de los Servicios Sociales”;”Premio Digitalización de los Servicios Sociales al Ciudadano”; “Premio Accesibilidad a los Servicios Sociales”; “Premio Cooperación de Empresas TIC con las AAPP”, e Premio a Traxectoria profesional vencellada

O Premio Interoperabilidad Eficiente de los Servicios Sociales” recoñece o proxecto de integración interadministrativa, desenvolvido conxuntamente pola Diputación coruñesa e a AMTEGA,   que facilita a interoperabilidade nos servizos sociais municipais da provincia coa Historia Social Única Electrónica, da Xunta de Galicia.

O fito tecnolóxico impulsa a eficiencia nos servizos sociais comunitarios das entidades locais grazas a interoperabilidade que permite a consulta da información e descarga da documentación relativa á historia social da cidadanía aloxada na plataforma de datos da Administración Autonómica (HSUE).   Deste xeito, os expedientes de solicitude de prestacións iniciados desde os concellos poderán engadir documentación xa aportada pola cidadanía, de forma automatizada, garantindo o cumprimento do principio “só-unha-vez”que ten por obxecto a supresión da carga administrativa innecesaria que se produce cando os usuarios deben subministrar a mesma información máis dunha vez ás administracións públicas.

Recolleron o premio Pilar Fernández, Xefa de Sección de Administración Electrónica da Deputación da Coruña e Directora de Concello Dixital, e Martín Amado, Xefe de Servizo de Informática na Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

O desenvolvemento e posta en marcha de esta integración entre administraciónes acontece   ao abeiro do proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña para a transformación dixital das súas Entidades Locais, e grazas ao marco de colaboración coa Axencia Tecnóloxica de Galicia (AMTEGA).