Noticias

Reunión de traballo no Pazo de Mariñán para reforzar a comunicación e cohesión entre as entidades locais integradas no proxecto Concello Dixital


09/10/2023

Á reunión de traballo, convocada e organizada pola Deputación Provincial, asistiron os e-responsables municipais e traballadores dos equipos de transformación, implantación e comunicación do proxecto tecnolóxico.

O Pazo de Mariñán foi escenario o pasado venres dunha xornada para a mellora da comunicación e cohesión ao que asistiron máis de 50 empregadas e empregados públicos das entidades locais da provincia, designados como interlocutores no proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña.

Á reunión de traballo, convocada e organizada pola Deputación Provincial, asistiron os e-responsables municipais e traballadores dos equipos de transformación, implantación e comunicación do proxecto tecnolóxico.

O acto foi presentado por Pilar Fernández Caeiro, Xefa de Sección de Administración Electrónica da Deputación da Coruña e Directora do proxecto, quen agradeceu a asistencia aos participantes e insistiu na necesidade de reforzar a comunicación e cohesión entre os concellos e por en valor o seu capital humano.

Os e-responsables son empregadas e empregados públicos das entidades locais, que compatibilizan as funcións propias do seu posto de traballo coa interlocución cos equipos de Concello Dixital. A figura do/a e-responsable está orientada a contribuir ao correcto funcionamento e a efectiva implantación da administración electrónica nas entidades, así como a promover unha participación activa a todos os niveis.