Noticias

As Pontes avanza cara a súa transformación dixital


04/10/2023

O concello atópanse xa inmerso nun proceso de transformación co obxectivo da plena dixitalización dos seus servizos administrativos.

O proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña para as entidades locais da provincia segue avanzando na súa folla de roteiro cara ao obxectivo da dixitalización plena dos concellos. A mediados do mes pasado presentábase o proxecto na sede municipal do Concello das Pontes.

A xornada de traballo serviu para presentar, aos responsables e interlocutores do concello, o plan de traballo a seis meses, tres de intervencións na entidade, aos que seguirán outros tres de seguimento e auditoría.

O plan contempla actuacións en materia de actualización da plataforma de tramitación electrónica TEDeC, formación e ampliación dos servizos da Sede electrónica.