Noticias

"O uso do Rexistro na nosa Sede Electrónica é absolutamente maioritario. O papel é practicamente residual". Entrevista "Conversas Concello Dixital" a Alejandro Antelo, secretario do Concello de Neda


29/09/2023

Entrevistamos a Alejandro Antelo, Secretario do Concello de Neda, tralo remate do proceso de transformación acometido na súa entidade ao abeiro do proxecto Concello Dixital, da Deputación da Coruña. Nesta nova entrega de "Conversas *Concello *Dixital", Alejandro cóntanos impacto que supuxo, e supón en Neda, a adopción deste novo modelo de organización baseado na dixitalización, consciente e ordenada, no ámbito das entidades locais.

Quedamos con Alejandro Antelo na sede municipal do Concello de Neda, unha solleira mañá de xullo. Tralas presentacións oportunas, suxírenos facer a entrevista no seu despacho. Alejandro é o Secretario  de Neda, concello da Comarca de Ferrolterra onde que ven de rematar o seu proceso de transformación dixital ao abeiro do proxecto Concello Dixital, da Deputación da Coruña. 

A conversa comeza coa pregunta obrigada sobre a valoración do proceso de transformación, que o no noso entrevistado considera moi positivo, cunha gran participación entre os empregados e empregadas públicas do concello. Neda é unha entidade relativamente pequena en poboación, que flutúa arredor dos 5.000 habitantes e cun cadro de persoal municipal reducir que permite unha gran axilidade e cohesión, confirma o seu secretario.  Confirman o éxito da dixitalización de Neda, entre outros indicadores, as cifras no Rexistro na Sede Electrónica, que é "absolutamente maioritario" fronte ao rexistro tradicional en papel. 

Falamos tamén de transparencia e boa gobernanza, e dos dereitos da cidadanía no escenario actual de relación coa Administración e da resposta destas a cuestións clave: seguemos tendo que  presentar demasiados "papeis" nas tramitacións?, ¿cómpre facelo realmente?, ¿que di ao respecto disto a Lei 39? 

O xeneroso tempo que nos concede Alejandro da tamén para falar do papel relevante dos concellos na Axenda 2030, da protección de datos e da fenda dixital, sen esquecer un feixe de bos desexos para o futuro da sociedade dixital formulados ao remate da nosa entrevista.