Noticias

O Concello de Fisterra xa dispón de Oficina de Rexistro Cl@ve e avanza na relación dixital coas veciñas e veciños


22/06/2023

A obtención da identificación Cl@ve realízase de modo presencial na nova oficina, evitando o desprazamento fóra do concello.

A Oficina de Rexistro Cl@ve é xa unha realidade para as veciñas e veciños de Fisterra, que  poden solicitar a súa credencial dixital para acceder aos servizos que ofrece a Administración Electrónica, entre os que se atopa a propia Sede Electrónica do Concello de Fisterra.

Calquera persoa que así o desexe poderá obter de modo presencial e sen desprazarse fóra do seu concello, a súa identificación Cl@ve necesaria para acceder aos servizos dixitais. A acreditación da identidade faise na oficina ante un empregado público que verifica a identidade mediante a presentación do DNI e un número de teléfono móbil a onde chega a mensaxe (SMS) de benvida ao sistema.

Cl@ve é un sistema que permite a identificación perante as administracións públicas para realizar trámites sen necesidade de certificado dixital instalado ou DNI electrónico. A credencial dixital proporcionada por este sistema está custodiada e almacenada pola Administración Pública de forma segura nos seus servidores, de modo centralizado e “na nube”. Así, a cidadanía pode relacionarse electrónicamente coas administracións desde calquera dispositivo que teña conexión á Internet e sen necesidade de ter instalado o certificado dixital no seu ordenador, tablet ou teléfono móbil.

Cl@ve ofrece dous niveis de rexistro, que permiten menor o maior nivel de acceso aos servizos electrónicos públicos. Se ben o Rexistro Básico pódese obter a través da Internet por videochamada ou carta de invitación, o Rexistro del Nivel Avanzado Cl@ve precisa da acreditación de xeito presencial nunha Oficina de Rexistro. No canto de querer facelo de xeito telemático, cómpre aportar un certificado electrónico instalado previamente ou un DNI electrónico e un lector de tarxetas intelixentes.

A Deputación da Coruña, a través do seu proxecto Concello Dixital de transformación das entidades locais da provincia, colaborou co concello na tramitación e xestión da apertura na nova oficina.