Noticias

O Concello de Curtis inicia a fase piloto do proxecto de transformación dixital das entidades locais da provincia.


13/10/2021

Sentarán as bases para a mellora continua dos procesos operativos e estruturas organizativas de todas as entidades locais no seu proceso de evolución cara á Administración Electrónica.

O Concello de Curtis realizará unha fase piloto para a súa transformación, e así mellorar o seu grao de preparación na súa evolución cara a un modelo de concello dixital. A duración será de seis meses e supoñerá a revisión dos seus procedementos de traballo e o seu modelo organizativo. Durante esta etapa realizarase un acompañamento aos empregados públicos de Curtis co obxectivo de facilitar a súa adaptación ao proceso de cambio cara á e-Administración.

Estes seis meses traduciranse na xeración dun novo mapa de procesos en Curtis, revisado e optimizado. Redefinirase a súa estrutura organizativa, adaptada ás novas ferramentas dixitais implantadas ou por implantar e revisarase o mapa de postos de traballo e perfís de usuario a formar.

Todo iso, con vistas a optimizar a eficacia e eficiencia dos procesos no Concello, para mellorar a atención ofrecida á cidadanía e a satisfacción dos habitantes de Curtis coa súa Administración.

As liñas de traballo que se impulsarán durante este período son as seguintes:

  • Transformación organizativa do Concello de Curtis: adaptando o modelo organizativo e funcional actual do Concello a un novo modelo dixital.
  • Formación: expondo un Plan de Formación que se adapte ás necesidades dos empregados do Concello, a través de distintas canles e formatos.
  • Cultura organizacional: facilitando a transformación cultural, incorporando novas mentalidades e comportamentos en todos os niveis do Concello de Curtis.
  • Persoas: adaptando a forma de traballar e relacionarse no Concello ás novas formas de pensar e liderar que requiren as competencias dixitais.
  • Seguimento: medindo a evolución de indicadores dixitais do Concello para comprender a implementación correcta do cambio.

Este piloto sentará as bases para escalar a experiencia ao resto de Entidades Locais da provincia, avanzando no obxectivo de alcanzar un modelo de auténticos Concellos Dixitais, e colocando como consecuencia á provincia nas posicións de liderado da Administración Dixital.